Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Requisitos de Acceso

Perfil de ingreso


O perfil de ingreso será o mesmo en todas as institucións asinantes do convenio. Para acceder aos ensinos oficiais do Máster en Química Teórica e Modelización Computacional será necesario:

  • Estar en posesión dun título universitario oficial español en Química, Física ou Ciencia dos Materiais ou outro expedido por unha institución de educación superior pertencente a un estado integrante do Espazo Europeo de Educación Superior que faculte no mesmo para o acceso a ensinos de máster.
  • Así mesmo, poderán acceder os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior sen necesidade da homologación dos seus títulos, previa comprobación polas universidades asinantes do convenio de que aqueles acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois xa mencionados e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que este en posesión o interesado, nin o seu recoñecemento a outros efectos que o de cursar os ensinos de máster.

A Comisión de Coordinación Académica do Máster será o órgano responsable do proceso de admisión e estará composta polos coordinadores de todas as universidades que forman parte do consorcio.